• 981 781 709
  • correo@vilarmaior.es
  • Galego

    Galego

  • Contacta ahora
  • Concello
    • Saúdo do alcalde
    • Corporación
    • Grupos políticos
    • Empresas
    • Asociacións
    • Contacto
  • Situación
    • Situación e accesos
    • Parroquias
    • Xeografía
    • Historia
  • Turismo
    • Festas
    • Rutas
    • Igrexas
    • Muiños
    • Establecementos
  • Concello dixital
    • Novas
    • Actas Plenos
    • Facenda Local
    • Urbanismo
    • Periodos Medio de pago
    • Convenios
    • Ofertas de emprego
    • Perfil do contratante
    • Ollo de Vilarmaior

Axudas económicas ás familias numerosas para estadías de fin de semana nas estacións de montaña

  • Home
  • Concello dixital
  • Axudas económicas ás familias numerosas para estadías de fin de semana nas estacións de montaña

Obxecto

A Consellería de Política Social concede axudas económicas en modalidade de pagamento único para estadías de fin de semana nas estacións de montaña situadas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia destinadas ás familias numerosas de Galicia.

Para os efectos desta orde, enténdese por unidade familiar a composta por todos os membros que figuran no título de familia numerosa.

Tipo de axuda

As axudas convocadas teñen como finalidade sufragar parte dos gastos das ditas estadías e consisten nunha subvención de 35 € por persoa e estadía de fin de semana para os nenos e nenas de 12 anos ou máis e adultos, e de 37,5 € para os menores de 12 anos.

Persoas beneficiarias e requisitos

As familias numerosas residentes na CA de Galicia que, ademais dos requisitos do artigo 10 da Lei Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cumpran os seguintes:

1. Que a persoa solicitante forme parte dunha unidade familiar considerada como numerosa, segundo o establecido no artigo 2 da Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familias numerosas, e no artigo 10 da Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia.

2. Residir na CA de Galicia.

3. Que o título de familia numerosa estea en vigor na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

4. Que a renda per cápita da unidade familiar non supere os 10.500 € anuais.

Documentación

Solicitude e anexos tramitación en liña ou presencial

1. Anexo II cuberto e asinado polo/a cónxuxe ou parella, de ser o caso.

2. Certificado de convivencia ou de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar dunha antigüidade máxima de 6 meses.

3. Copia do título de familia numerosa, no caso de non fora expedido pola CA de Galicia.

Lugar de presentación

• Preferentemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es,

• Xefaturas Territoriais da Consellería de Política Social

• En calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo de presentación

Ata o 29 de novembro de 2018

 

MÁIS INFORMACIÓN NOS SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO.

DE LUNS A VENRES, DE 9.00 A 14.00 HORAS.

 

Vilarmaior é un concello pequeniño, vizoso en paisaxes e ríos, de poboación dispersa. Prototipo das terras do interior da Coruña, por aquí cruzaba o vello camiño a Santiago, e aquí realízase a feira das flores (o 3º domingo de maio no Trece), única na contorna.

Enlaces de interese

  • Xunta de Galicia
  • Deputación da Coruña
  • Sixpac
  • EidoLocal
  • Perfil do contratante
  • Sede electrónica
  • Portal de transparencia
  • Punto de información catastral

Datos de contacto

  • Lugar Armada, 1 15637 Vilarmaior
  • 981 781 709 - 981 781 725
  • correo@vilarmaior.es

@ Copyright 2015 Concello de Vilarmaior. Todos los derechos reservados

    • Concello
      • Saúdo do alcalde
      • Corporación
      • Grupos políticos
      • Empresas
      • Asociacións
      • Contacto
    • Situación
      • Situación e accesos
      • Parroquias
      • Xeografía
      • Historia
    • Turismo
      • Festas
      • Rutas
      • Igrexas
      • Muiños
      • Establecementos
    • Concello dixital
      • Novas
      • Actas Plenos
      • Facenda Local
      • Urbanismo
      • Periodos Medio de pago
      • Convenios
      • Ofertas de emprego
      • Perfil do contratante
      • Ollo de Vilarmaior