Financiar os gastos derivados da matrícula universitaria dos alumnos e alumnas que inicien estudos universitarios no curso 2016/17 no Sistema universitario de Galicia (SUG), conducentes á obtención dun título oficial de grao.
Requisitos dos/das solicitantes
1. Acreditar unha cualificación nas probas de acceso á universidade (PAU) ou noutras ensinanzas que lle permita o acceso cunha nota media igual ou superior a 5 puntos e inferior a 5,5 puntos, excluíndo a fase específica.
2. Posuír a nacionalidade española, ou doutro país da Unión Europea ou de países terceiros, cando se acredite a condición de residente en España. Quedan excluídos os que se atopen en situación de estadía.
3. Estar matriculado por primeira vez en primeiro curso nunha universidade do SUG no curso académico 2016/17, dun mínimo de 60 créditos en ensinanzas conducentes á obtención dun título oficial de grao.
4. Non estar en posesión dunha titulación universitaria do mesmo nivel ou superior ao correspondente aos estudos para os cales solicita a axuda.
5. Non estar incluídos/as nos casos de exención total de matrícula previstos no artigo 11 do Decreto 80/2016, do 23 de xuño (DOG no 131, do 12 de xullo).
6. f) Que a renda da unidade familiar non supere os limiares establecidos.
será dun máximo de 862,90 euros para as titulacións encadradas dentro da rama de Ciencias, Ciencias da Saúde, Enxeñaría e Arquitectura e grao en Belas Artes e dun máximo de 618,10 euros para as titulacións encadradas dentro da rama de Artes e Humanidades e Ciencias Sociais e Xurídicas
Deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da Orde no DOG.
Ata o 4 de novembro de 2016.