Axudas para máster universitario oficial destinadas a titulados/as universitarios/as en desemprego
CONSELLERIA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA.
Obxecto
Axudar a financiar os gastos derivados da matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia no curso 2018/19.
Requisitos dos/das solicitantes
1. Estar en situación de desemprego na data de publicación desta orde.
2. Ter rematados os estudos universitarios que lle dan acceso aos estudos do máster universitario con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2016.
3. Estar matriculado/a no curso académico 2017/18 nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia, dun mínimo de 60 créditos.
4. Residir na Comunidade Autónoma de Galicia polo menos nos dous últimos anos anteriores á data da publicación desta convocatoria.
5. Non estar incluídos nos casos de exención total de matrícula previstos no no artigo 12 do Decreto 68/2018, do 21 de xuño (DOG núm. 128, do 5 de xullo) polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades do Sistema universitario de Galicia para o curso académico 2018/19.
6. Non ter gozado desta axuda en convocatorias anteriores.
Contía da axuda
• Cubrirá o importe correspondente a 60 créditos de primeira matrícula do máster universitario segundo os prezos públicos establecidos no anexo do Decreto 68/2018, do 21 de xuño, polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades do Sistema universitario de Galicia para o curso académico 2018/19 (DOG núm. 128, do 5 de xullo).
• Para os incluídos no punto 1.2 do anexo do decreto, a contía máxima asignada será de 835,8 euros para os da epígrafe A) e de 591 euros para os do epígrafe B).
• Para os incluídos no punto 1.3 do anexo do decreto, a contía máxima asignada será de 1.881,6 euros para os da epígrafe A) e de 1.296,6 euros para os do epígrafe B).
• A axuda só alcanzará para a realización dun único máster universitario.
• Quedan excluídas do importe da axuda as exencións e bonificacións do pagamento das taxas a que tiver dereito o/a beneficiario/a.
Documentación
Solicitude
1. Acreditación da representación por calquera medio válido en dereito no caso de actuar por medio de representante.
2. Certificado da vida laboral actualizada á data de presentación da solicitude.
Lugar de presentación
Obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado ED421A dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Prazo ata o 1/10/2018