Obxecto da convocatoria
Estas bases teñen por obxecto a contratación laboral temporal (unha praza) de persoal técnico en animación sociocultural, mediante concurso-oposición, para a área municipal de cultura do Concello de Vilarmaior, vinculada á subvención concedida pola Deputación Provincial a través do Programa FO206/2017 de subvencións a concellos e entidades locais para contratar persoal técnico en xestión cultural e/ou animación sociocultural, ano 2017.
As funcións a desempeñar serán as propias do servizo de animación socio cultural do Concello de Vilarmaior, con carácter xeral:
a) Dinamización e mediación sociocultural do territorio.
b) Intervención socioeducativa cos diferentes grupos de idade.
c) Deseño e desenvolvemento de políticas de apoio á creación cultural e artística local.
d) Deseño e desenvolvemento de políticas de xeración de oferta cultural no ámbito local.
e) Desenvolvemento de enfoques relacionais e cooperativos cos campos do patrimonio, turismo, educación, igualdade, servizos sociais e medio ambiente no municipio e comarca.
Ademais colaborará nos programas de Cultura da Deputación Provincial.