• 981 781 709
  • correo@vilarmaior.es
  • Galego

    Galego

  • Contacta ahora
  • Concello
    • Saúdo do alcalde
    • Corporación
    • Grupos políticos
    • Empresas
    • Asociacións
    • Contacto
  • Situación
    • Situación e accesos
    • Parroquias
    • Xeografía
    • Historia
  • Turismo
    • Festas
    • Rutas
    • Igrexas
    • Muiños
    • Establecementos
  • Concello dixital
    • Novas
    • Actas Plenos
    • Facenda Local
    • Urbanismo
    • Periodos Medio de pago
    • Ofertas de emprego
    • Perfil do contratante
    • Ollo de Vilarmaior

Igrexas

  • Home
  • Turismo
  • Igrexas

A tipoloxía arquitectónica que cabe destacar en Vilarmaior é a que se refire o patrimonio relixioso. Básicamente as igrexas constan dunha soa nave, de planta rectangular, á que se lle engadiu, nun dos muros correspondentes ó prebisterio, un pequeno corpo (cadrado ou rectangular) que fai as funcións de sancristía. Unha excepción a todo isto é a igrexa parroquial de San Pedro de Vilarmaior, que posúe unha planta de cruz latina, con sancristía apegada ó muro septentrional da cabeceira. En canto a antigüedade, algunha delas é do s. XII, conservando un bó número de elementos románicos.

O exemplo máis salientable é o de Santa María de Doroña; exemplar románico con nave, curto prebisterio e ábsida semicircular levantada sobre unha base graduada e con seteiras para a iluminación. A súa fachada está limitada por dous contrafortes prismáticos, posuíndo unha sinxela portada de arquivolta tórica con lixeiros relevos e directriz levemente apuntada. No tímpano, sostido por mochetas con figuras que, co paso do tempo, volvéronse irrecoñecibles, preséntase un Agnus Dei.

As restantes igrexas son máis recentes, do s. XVIII e posteriores, con muros de carga, adoitando deixa-la cantería para a fachada principal, esquinas e recercado de ocos. A maioría das igrexas sufriron remodelacións dalgún tipo ó longo da súa historia, que se traduciron e reconstruccións ou engadidos. Exemplo disto poden se-las remodelacións, posteriores a 1162, que se fixeron en Santa María de Doroña, e que se traducen nas variacións que presentan os seus muros, xunto cos engadidos da sancristía e o soportal.

Unha constante de tódolos templos é a presencia da espadana, xeralmente situado no eixo superior central da fachada principal (agás en Santa María de Doroña, que se encontra nun dos muros laterais),apoiada nunha peaña rectangular e interrompendo as dúas vertentes das cornixas. Estas espadanas compóñense de dous corpos; un primeiro, onde se sitúan dúas campás, e un segundo de carácter ornamental e, normalmente, rematado en pináculos.

Igrexa de Güimil

 

Igrexa de San Jorge de Torres

 

Igrexa de San Pedro Grandal

 

Igrexa de San Pedro de Vilarmaior

 

Igrexa de Santa María de Doroña

 

Igrexa de Santiago de Villamateo

 

Vilarmaior é un concello pequeniño, vizoso en paisaxes e ríos, de poboación dispersa. Prototipo das terras do interior da Coruña, por aquí cruzaba o vello camiño a Santiago, e aquí realízase a feira das flores (o 3º domingo de maio no Trece), única na contorna.

Enlaces de interese

  • Xunta de Galicia
  • Deputación da Coruña
  • Sixpac
  • EidoLocal
  • Perfil do contratante
  • Sede electrónica
  • Portal de transparencia
  • Punto de información catastral

Datos de contacto

  • Lugar Armada, 1 15637 Vilarmaior
  • 981 781 709 - 981 781 725
  • correo@vilarmaior.es

@ Copyright 2015 Concello de Vilarmaior. Todos los derechos reservados

  • Concello
    • Saúdo do alcalde
    • Corporación
    • Grupos políticos
    • Empresas
    • Contacto
    • Asociacións
  • Situación
    • Situación e accesos
    • Parroquias
    • Xeografía
    • Historia
  • Turismo
    • Festas
    • Rutas
    • Igrexas
    • Muiños
    • Establecementos
    • Galería Fotográfica
  • Concello dixital
    • Facenda Local
    • Urbanismo
    • Novas
    • Perfil do contratante