O Concello de Vilarmaior xunto cós Concellos de Aranga, Monfero e Irixoa van impartir o Obradoiro de “Actividades de Conservación e Mellora Forestal”.
Está dirixido a persoas rexistradas no Servizo Público de Emprego de Galicia como desempregad@s, maiores de 18 anos e empadroad@s nalgún dos catro concellos.
Poderán participar un total de 20 persoas (5 por cada concello), que asinarán un contrato para a formación e aprendizaxe e recibirán unha retribución mensual, durante 9 meses.
É necesaria a inscrición na oficina de emprego de Betanzos e solicitar participar na selección do obradoiro a través do código 340.
Máis información no Concello. Teléfono 981 78 17 09