Tras rematar o prazo de presentación de solicitudes para realizar as probas Celga do ano 2018, constatouse que o número das correspondentes ao Celga 4 e ao Celga 3 é moi elevado e que, polo tanto, non é posible que todas as persoas se examinen da proba oral o mesmo día en que o fan da proba escrita.
Nos demais niveis Celga tamén se rexistrou un aumento considerable do número de solicitudes con respecto a outras convocatorias.
De acordo con isto, co fin de poder establecer dúas datas para a proba oral do Celga 4 e do Celga 3 en días consecutivos e garantir, así mesmo, o bo desenvolvemento das probas dos demais niveis Celga, por proposta da Comisión Central de Avaliación, resolveuse modificar o punto terceiro da convocatoria de probas e establecer as seguintes datas para a realización dos exames.
Celga 4:
Celga 3:
Celga 2:
Celga 1:
Teléfono para máis información: 881 996 313